O BNG de Ferrol aposta con un goberno de coalición na cidade tras ver o resultado das eleccións xerais

Iván Rivas nun mitin | BNG

Despois dos resultados das eleccións xerais celebradas no día de onte, dende Bloque Nacionalista Galego de Ferrol sacan tres conclusións para a cidade.

A primeira ten que ver que co resultado das eleccións xerais de onte. As posibilidades de conformación do goberno local do Concello de Ferrol «pasan inevitablemente por un goberno de coalición«. E as alternativas para que isto se produza «reducíronse exclusivamente a dúas«. Se temos en conta que o BNG superou con moito nas eleccións locais de 2015 os resultados das xerais de 2016 e que no día de onte, duplicou os votos respecto aos anteriores comicios xerais, a primeira opción sería un goberno alternativo, «dirixido polo BNG ou cun BNG determinante«. A segunda opción «pasa pola posibilidade dun goberno continuísta dirixido ou ben polo PSOE ou ben por FeC«.

A segunda das conclusións é a evidencia de que en Ferrol «non haberá gobernos de maioría absoluta«. Tendo en conta que o PP perdeu o 12% dos seus votos no día de onte respecto ás eleccións xerais, «é obvio que o resultado dos populares será peor que no 2015 e que por tanto, estará moi lonxe de poder en solitario«.

Por último, a terceira conclusión «tamén é obvia«. O PP «perdeu a posibilidade de acceder á alcaldía da cidade de Ferrol«. C’s e VOX cas porcentaxes de votos de onte e «sabendo que o resultado sempre será peor nas eleccións locais que nas xerais (como xa aconteceu en 2015), disputaranse unicamente un concelleiro ou concelleira, polo que a posibilidade de que poidan formar goberno en coalición co PP é imposible para as próximas eleccións de maio de 2019«.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …

2 comentarios

  1. Digo yo que habrá que esperar a ver el resultado de las municipales. Vamos … digo.