O Esteo cae pola mínima na súa visita ao Pizarras Tres Cuñados

Álex Duran ante Pizarras Tres Cuñados | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala perdeu este sábado na súa visita a O Barco de Valdeorras por 7-6. Prantou cara e puxose ata tres veces por diante ata que os locais se marcharon 4-3 ao descanso.

A partires de aí foron sempre a remolque ante un dos grandes da categoría e pese a tentalo ata os últimos instantes non puideron puntuar.

Sétimos con 41 puntos, reciben entre semana ao Leis Pontevedra, duodécimo, no que será derradeiro encontro na casa, pois o penúltimo de Liga co Prone quedará co resultado de 7-0.

Por outra banda, Jacobo xa suma 27 goles, os mesmos que Pana o ano pasado, a un do récord de 28 de Martín.

PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS FS: Vedo, Dilín, Bruno, David, Bencho – cinco inicial – Javi, Durán, Corzo, Kiko, Juanma.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Pana, Rober, Bruno, Troncho, Dani.

GOLES: 0-1, Jacobo (4´), 1-1, Bruno (7´), 1-2, Rober Paz (8´), 2-2, David (10´), 2-3, Jacobo (13´), 3-3, Bencho (17´), 4-3, Bruno (19´). 5-3, Durán (22´), 6-3, David (23´), 6-4, propia meta (24´), 6-5, Bruno (25´), 7-5, Juanma (28´), 7-6, Jacobo (32´).

ÁRBITROS: Cabo Martínez, Vanegas Betancourt, Fernández Rodríguez (Asturias). Amarelas Vedo, Bencho, Javichu e Pana.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de Calabagueiros (O Barco de Valdeorras). Uns 150 espectadores.

Lea también

El Abeconsa Basketmi se mide al Global Basket

El Abeconsa Basketmi se medirá, este sábado, como local, frente al Global Basket. El partido …