O BNG agasallou cun castiñeiro nun acto simbólico aos veciños , en Canido

O BNG de Ferrol desenvolveu este domingo unha iniciativa no barrio de Canido na que agasallou cun castiñeiro aos veciños e veciñas da cidade, un acto simbólico «para amosarlle aos cidadáns que o futuro da cidade de Ferrol pasa por un desenvolvemento sustentable, non só económico, senón tamén medioambiental».

Para o BNG «é preciso introducir no debate, con carácter prioritario para o futuro da cidade, o seu desenvolvemento sustentable. O resto de organizacións políticas terán que, cando menos, expresar a súa opinión ao respecto. O que non pode ser é que pase a campaña electoral sen ningún debate sobre cuestións como a ría, os montes, o saneamento ou o transporte”, afirmou o candidato á alcaldía, Iván Rivas.

«Con esta premisa, o BNG está a propoñer aos veciños e veciñas de Ferrol dez pequenas iniciativas que sentarán a base dun gran cambio, e que axudarán a resolver o principal problema que ten a cidade, que non é outro que o emprego» sinala o grupo nacionalista..

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …

Un comentario

  1. Qué hiciste tú por Canido??? Por mucho que te fastidie fue el PP el que transformó Canido. Por cierto, legalizaste tu vivienda o ese es el futuro de Canido al que te refieres?