O Pazo da Cultura acolle a exposición dos traballos do XXX Certame Intercentros do Concello de Narón

 O Pazo da Cultura de Narón acolle a exposición dos traballos das modalidades de Mural, Conto Ilustrado e Cómic presentados este ano á trixésima edición do Certame Intercentros do Concello de Narón, no que participou alumnado dos centros de ensino públicos da cidade. As persoas interesadas en ver estes traballos, colocados nuns paneis instalados na entrada do Pazo, poden facelo no horario de apertura das instalacións.

Os traballos permanecerán expostos ata o vindeiro 20 de maio, procedéndose á súa recollida na xornada do 21 por parte de cada un dos centros ou do organizador do certame, este ano o CEIP Piñeiros.

O alumnado dos colexios públicos da cidade presentou hai uns días no Pazo os traballos enmarcados nas outras modalidades deste certame (Poesía, Narrativa, Teatro escrito, Audiovisual, Reportaxe xornalística, Expresión Oral e Canción en galego), que optan a varios premios que se entregarán o 16 de maio nun acto que se celebrará no Pazo da Cultura e ao que acudirán estudantes e docentes de tódolos colexios participantes.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …