Uns 350 deportistas participarán esta fin de semana no XVIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón

Román Romero, Marián Ferreiro e Sandra García na presentación | Concello de Narón

O pavillón polideportivo da Gándara acollerá esta fin de semana, o sábado e o domingo, a décimo oitava edición do Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón, a Copa Promoción Zona Norte e o Campionato Galego de Latinos. Uns 350 deportistas chegados de diferentes clubs galegos –no caso da Copa Promoción Zona Norte tamén doutras Comunidades- confirmaron a súa asistencia a esta convocatoria, presentada esta mañá pola alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, o concelleiro de Deportes, Román Romero, e Sandra García, do Club Baile Deportivo Narón. As entradas para o evento poden recollerse na entrada do pavillón polideportivo da Gándara.

No XVIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón disputaranse catro disciplinas: Danza Coreográfica, Bailes Caribeños, Standard e Latino. Na xornada do sábado, entre as 17.45 e as 19.45 horas será o turno das modalidades de Danza Coreográfica e Bailes Caribeños, tal e como explicou Sandra García. Así mesmo, a representante do Club Baile Deportivo Narón avanzou que na xornada do domingo a competición desenvolverase todo o día. Entre as 10.30 e as 11.39 horas será o turno das disciplinas Standard e Copa Promoción Standard; entre as 11.59 e as 14.23 o de Latino e Copa Promoción Latino; de 15.08 a 19.08 celebrarase o Campionato Galego de Latinos e entre as 19.23 e as 20.40 será o turno de Latinos, nas categorías C, B e A.

Un total de sete xuíces, dous internacionais e cinco nacionais, encargaranse de valorar aos participantes nas diferentes disciplinas, de cara a determinar as clasificacións finais en cada unha delas.

rcía agradeceu a colaboración do Concello de Narón para poder desenvolver un ano máis este evento deportivo, que reúne cada ano a profesionais e aficionados ao baile deportivo. Pola súa banda, o edil de Deportes destacou a elevada participación, con máis de cen parellas e 350 deportistas, neste trofeo.

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, destacou o traballo que realiza o Club de Baile Deportivo Narón na cidade, con recoñecementos a nivel autonómico e nacional, sendo o que conta con maior número de licencias de España. Así mesmo, a rexedora animou á veciñanza de Narón e doutros concellos a achegarse esta fin de semana ao pavillón polideportivo da Gándara para poder gozar deste evento deportivo.

Lea también

El 5 de mayo, Torneo 3X3 de baloncesto “Jornada Histórica de la Armada “, en Ferrol

El próximo domingo, día 5 de mayo, en el contexto de las actividades que se …