Xornada de adestramentos de supercross este sábado en Cabanas

Román Pérez no circuito – Concello de Cabanas

O Circuito Municipal de Motocross de Cabanas albergará este sábado unha xornada de adestramentos de supercross, específicos e libres. Unha iniciativa organizada pola Concellería de Deportes e o Moto Club Saltamontes na que colabora o Moto Club local de Cabanas, e na que se anotaron, a día de hoxe, unha vintena de persoas, nenos e maiores –con licenza federada ou seguro privado, requisitos imprescindibles-. Así mesmo, o Concello viuse obrigado a aplazar as exhibicións que se ían realizar inicialmente e, proximamente, anunciará novas datas. En todo caso, o público que asista poderá disfrutar dunha exposición de motos clásicas de supercross durante toda a xornada.

Mañá, venres, péchase o plazo de inscrición nos adestramentos e, para anotarse, os pilotos federados deben chamar ao teléfono 679 898 326 (Carlos López) ou enviar un correo electrónico ao enderezo manteiga62@yahoo.es e, os pilotos con seguro privado, ao teléfono 981 49 59 59 extensión 3 ou enviar un correo ao enderezo cultura@cabanas.gal.

Lea también

Manuel Permuy obtiene muy buenos resultados en el AJP World Tour

  El pasado fin de semana se celebraron en la ciudad de Estambul (Turquía) dos …