Presentación da «antoloxía do IV Certame Internacional Contos de Ultramar»

 A AVV Ultramar, en colaboración co Concello de Ferrol, presentou na mañá deste sábado o libro antoloxía do IV Certame  Internacional de relatos «Contos de Ultramar» no local social da entidade (na rúa Sartaña, 20, baixo). A presentación correu a cargo de Natalia Ares, presidenta da AVV Ultramar; Guillermo Ferrández, escritor e colaborador no certame, e Alfonso Placer, autor dos debuxos da antoloxía. 

 No acto, arroupado por ducias de persoas, participaron: a gañadora na categoría de menores de idade, Laura Timmer Hernando, de Pontevedra; Amelia de Querol, en representación do premiado na categoría de persoas adultas Héctor Daniel Olivera Campos, de Badía del Vallés, Barcelona; así como dous dos autores seleccionados, Andrés Martínez Riveira e Carolina Martínez Vázquez. Ao finalizar o evento fíxoselle entrega a cada asistente duns recordos do certame e duns exemplares da antoloxía.

 Por outro lado, e coincidindo coa proximidade da celebración do Día das Letras Galegas, o 17 de maio, conmemorouse o Día das Letras Galegas 2019 adicado a Antón Fraguas e reivindicouse a figura de Carvallo Calero apoiando a súa candidatura para que se lle adique por fin o Día das Letras galegas a el. Para isto, realizouse un pequeño recital dalgúns dos seus poemas.

Lea también

O CIRS de Cervás de Ares, énchese polo Día Mundial do Teatro

Cunha radio xigante onde se poden ler nomes de lugares de todo o mundo, dende …