O BNG de Narón reúnese para presentar as medidas nas parroquias con críticas ao goberno local

O BNG de Narón presenta no seu programa 179 medidas consensuadas con colectivos, entidades e máis de cen persoas que participaron na súa elaboración. A respecto do rural piden “unhas parroquias cohesionadas e cos mesmos servizos que na zona urbana como pode ser a plataforma única e un transporte público axeitado. Asi mesmo, abastecemento de fibra óptica e accesos seguros e posta en valor de todo o patrimonio material e inmaterial que teñen as nosas parroquias” anunciou Olaia Ledo nos actos que están a facer no rural e repartos.

“Non é de recibo que nun día se faga unha pista multideporte en Xuvia no medio dunha campaña e non se faga nada en catro anos como tirar, facía moita falla pero tamén pistas deportivas cubertas noutras parroquias ou unha nova piscina climatizada. Hai que pensar en conxunto e facer obras en todas as parroquias. Por iso nós pedimos que os orzamentos teñan cotas parroquiais que obriguen a investir en todas elas” sinala Olaia.

O BNG saneou as contas do concello

“Tirar o cuartel de xuvia é prioridade e crear o complexo que reclaman os veciños agora que o BNG foi quen de sanear as contas do concello” recordou a candidata á alcaldía.

Entre as medidas recollidas do BNG inclúe unha nova escola infantil pública no rural, fondos para o emprendemento nos sectores primarios, formación específica en transformación de produtos ou a mesma seguridade na zona rural e urbana. “Temos un rural capaz de producir de todo e que podería xerar emprego de calidade ou como actividade complementaria se dotamos de ferramentas”.

O BNG critica que se anuncien obras faraónicas en campaña e se desatendan as necesidades das persoas de todas as condicións . O seu lema “Narón funciona pero aínda non ilusiona” pretende incidir nisto ao igual que os videos que realizan anunciando o seu programa.

Lea también

Vendidos 9 cupones de la ONCE premiados con 35 mil euros cada uno. En Freixeiro, Narón

El sorteo diario de la ONCE de este jueves, día 18,  ha dejado en Narón …