«O BNG traballará para seguir a promover o pequeno e mediano comercio» (Olaia Ledo)

Unha cidade que valora o seu comercio de barrio é unha cidade viva e cohesionada, onde as persoas teñen gañado unha parte importante do espazo público, este é o lema do «modelo de concello» que quere implantar o BNG de Narón a partir do 26 de maio e que presentaron a veciños e veciñas este domingo no Val.

Olaia Ledo, candidata á alcaldía de Narón, pon un exemplo claro «o pazo da cultura costou 16 millóns de euros pero ao seu redor, ademais de centrar toda actividade cultural do concello, non creou tecido produtivo: non hai cafeterías, lugares de ocio, tendas, restauración… facer grandes obras sen un proxecto que cohesione non vale para termos unha cidade onde gañe o espazo público a xente de calqueira condición» para iso, defenden no programa do BNG «seguir a apostar por promover os produtos propios, as campañas coa hostelaría e os convenios coas entidades do pequeno comercio como fixemos desde a nosa concellería de promoción económica ata agora. Hai que apostar por un centro comercial aberto, é dicir: o comercio dos propios barrios e parroquias».

Ademais, tamén defenden unha feira quincenal na praza da Gándara para potenciar a venda de produtos de proximidade e das entidades sociais de Narón e pór así o produto local en valor.

O seu lema «Narón funciona (se tes coche) pero aínda non ilusiona» quere mostrar que só co BNG se pode conseguir o benestar que merece Narón. A carreira das municipais continúa.

Lea también

Narón conmemora o Día Internacional do Libro cun “Pequeno obradoiro literario”

Os nenos interesados en participar no Pequeno obradoiro literario organizado na Biblioteca municipal de Narón poderán …