Marea de Ferrol xúntase co asociacionismo deportivo e visita o mercado de Recimil

Marea de Ferrol reunido con Ría de Ferrol | Marea de Ferrol

Onte, martes 21 de maio, Marea de Ferrol mantivo un encontro co movemento asociativo deportivo, nas insatalacións do Club Ría de Ferrol.

Na liña das xuntanzas que levan mantendo nestas últimas semanas con diferentes movementos asociativos, tanto territoriais como sectoriais, «escoitamos as demandas que se fan desde o eido do deporte, entre as que se atopan os problemas que se atopan á hora de xestionar as subvencións municipais, unha cuestión que preocupa a todas as asociacións coas que vimos falando. Ademáis, recollimos a necesidade de renovar os convenios suscritos co Concello, que a área de deporte conte cun orzamento propio, tanto para mantemento como para investimento, e unha maior asignación de persoal, que a día de hoxe considérase totalmente insuficiente«.

Desde Marea de Ferrol valoran «que moitos dos problemas nacen da situación vivida no último mandato, no que un goberno moi feble xestionou durante anos uns presupostos de dereitas prorrogados, sen partidas suficientes para deportes«.

Ademais, volveron facer a proposta de constituír unha mesa de traballo organizada polo concello, «axeitadamente dinamizada (convocatorias, actas, conclusións…), para elaborar participadamente unha planificación a medio prazo realizada a partir de diagnósticos e obxectivos concretos«.

VISITA AO MERCADO DE RECIMIL

Máis tarde, visitaron o mercado de Recimil, na que «puidemos constatar o deplorable estado e o abandono no que se atopa. Desde Marea de Ferrol seguimos a defender a realización dun Plan de Mantemento dos equipamentos municipais, programando técnica e financeiramente as intervencións necesarias«.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, preside, junto con el almirante …