Marea de Ferrol mantivo un encontro veciñal en Caranza

Acto de Marea de Ferrol en Caranza | Marea de Ferrol

Onte, mércores 22 de maio, Marea de Ferrol mantivo un encontro veciñal no Centro Cívico de Caranza, no que lles acompañou Pancho Casal, deputado de En Marea no Parlamento Galego, para informar sobre o impacto do Estaleiro 4.0 e o dique seco cuberto sobre o barrio de Caranza.

Este encontro organizouse en resposta ás preocupacións a este respecto que a A.VV de Caranza lles trasladou na xuntanza que mantivemos no mes de abril.

Pancho Casal explicou que o proxecto do Estaleiro 4.0 para Navantia Ferrol o convertiría no segundo estaleiro máis competitivo de Europa e con grande capacidade para diversificar a produción, mais hai que valorar moi rigorosamente o xeito de facelo, «desbotando actuacións inaceptables e minimizando o impacto da construción dun dique seco cuberto que terá unhas dimensións que impactarán a varios niveis (visual, psicolócico, social…) na veciñanza de Caranza«. Neste sentido, defendeuse que «é preciso analizar os impactos positivos e negativos dun proxecto deste calado estratéxico, e estudar as compensacións necesarias, xustas e equilibradas, para a poboación afectada«.

Pancho Casal tamén se lamentou de que o Concello de Ferrol «non respostou responsablemente aos informes solicitados desde o Ministerio, e recalcou a necesidade de dar a coñecer o proxecto para tomar decisións informadas e beneficiosas para o conxunto da poboación ferrolá«.

Pola súa banda, Bernardo Lorenzo Cuétara, candidato á alcaldía por Marea de Ferrol, e concordando co expresado pola directiva da asociación de veciñas, afondou no «compromiso de velar polos intereses de Ferrol e a súa veciñanza. Non se trata de estar en contra desta intervención de interese xeral, estratéxico e fundamental para garantir a continuidade do estaleiro, do emprego e o futuro de Ferrol, pero debemos prever os impactos económicos, visuais, sociais… para que, no caso de haber prexuízos, se busquen solucións satisfactorias anticipadamente, e por descontado, participadamente«.

Neste sentido, Bernardo Lorenzo comprometeuse, «unha vez que Marea de Ferrol chegue ao concello, a organizar unhas xornadas de traballo e análise deste proxecto antes de que remate este ano, contando con todos os actores implicados e fomentando o diálogo e a participación da cidadanía«.

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …