O Campionato Galego de verán de natación artística de base terá lugar o sábado en Caranza

Presentación do Campionato Galego de verán de natación sincronizada de base | Concello de Ferrol

Hoxe se presentou no Concello de Ferrol en rolda de prensa o Campionato Galego de verán de natación artística de base, coa presenza do concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea, acompañado pola directiva e corpo técnico do club Sincro Ferrol.

Vaise disputar este sábado, 1 de xuño, na piscina do Complexo Deportivo Javier Gómez Noya de Caranza en horario de tarde.

Participan 11 clubs de toda Galicia, arredor de 250 nadadoras de entre 6 e 12 anos. En equipos, na categoría individual e dúos.

Categorías de base I, base II e base III. O total de rutinas son 39, 25 rutinas de equipo, 7 sós e 7 dúos. As portas da piscina están aberta para todo o público que queira presenciar este espectáculo.

Lea también

June Moreno, quinta en la copa junior de Lignano

El pasado fin de semana se disputó en Italia, la Copa de Europa de Lignano, …