Marcos Ruiz disputará o campionato de España elite de tríatlon

Marcos Ruiz nunha proba | Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol estará presente esta fin de semana nos campionatos de España de tríatlon e ácuatlon con Marcos Ruiz como representante elite.

O canteirán fenés tentará mellorar o top-20 en tríatlon e top-15 en ácuatlon que acadou a temporada pasada.
Pola súa banda, a Escola Javi Gómez Noya contará cos cadetes Jorge Morado, David Campos, Álvaro Ordiales, Hugo Prida, Rubén Morado, Carmen Jiménez, Alba Méndez, Carlota Teijeiro e Lucía Santalla.

O campionato de España de tríatlon celebrarase este sábado en distancia esprinte de 750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira en categoría elite e, na xornada do domingo, o nacional de ácuatlon desenvolverase sobre 1.000 m de natación e 5 km a pé.

Lea también

El Racing infantil logra un brillante ascenso a División de Honor

El Racing infantil certificó el domingo su ascenso a División de Honor tras derrotar al Vitoria. …