Medio milleiro de persoas asistirán ao xantar do Encontro Comunitario que se celebrará este sábado no paseo marítimo de Xuvia

Fot. arch.

Un total de 494 persoas asistirán ao xantar que se celebrará o vindeiro sábado, día 22, no marco do VIII Encontro Comunitario organizado polo Concello de Narón, en colaboración con varias entidades. A cita inclúe unha variada programación que se desenvolverá en horario de mañá e tarde está aberta á cidadanía en xeral, polo que poderán desfrutar da xornada todas as persoas que o desexen.

Ás 11.50 horas haberá un espectáculo de danza oriental, para continuar coas actuacións do Pequecoro -12.10-; das Cantareiras do Val -12.20- e a actuación de dous grupos da Escola de Música Moderna de Narón -12.30-, Carlos Pouso e Mantra.

A continuación, sobre as 12.45 terá lugar unha sesión de musicoterapia e ás 12.55 outra de cancións de animación que precerá a unha actuación de música coral –a partir das 13.05-.

Teatro e canto da Asociación Cultural ASCM e a iniciativa Narón visión -13.35- completarán a programación da mañá.

O xantar comunitario será ás 14.00 horas e pola tarde retomarase a programación con música -16.00-, sesións de zumba e baile e a actuación de Adrián Fe e Extracheese –a partir das 17.30- e unha nova actuación musical -18.00- para pechar o Encontro sobre as 19.30 horas.

Na zona na que se desenvolverá o evento instalaranse varias jaimas nas que haberá exposicións solidarias e tamén demostracións en vivo de artesanía, entre as 12.00 e as 14.00 horas e pola tarde de 16.00 a 19.30.

As persoas que se despracen a Xuvia para acudir ao Encontro Comunitario poderán ver unha mostra de torneado artístico da madeira, a cargo da Asociación de Toneiros da Madeira Virutas, xogos de mesa a cargo do Círculo de Xadrez Narón; unha mostra de bordado e bolillos da AVV Altea, de Xuvia; unha mostra de xogos orientais a cargo da asociación cultural Gaikai; traballos realizados polo Club de calceta e o Club de confección da Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros; unha mostra de pintura da AVV da Solaina; unha mesa informativa da Asocación Cultural ASCM; outra de bolillos da AVV Virxe do Mar; unha mesa informativa do Centro de Recursos Solidarios; un puzzle xigante de Aspanaes; mesas informativas do Club Tenis de Mesa e da iniciativa O noso momento e unha mesa informativa sobre fibromialxia.

A programación inclúe ademáis roteiros de sendeirismo polo entorno natural e patrimonial, cun itinerario pola zona duns dous quilómetros e que se realizará en dúas quendas, pola tarde, en canto se formen grupos cun grupo mínimo de persoas para realizalos.

A maiores, os nenos e nenas poderán desfrutar dunha gran variedade de xogos infantís durante todo o día, entre as 12.00 e as 14.00 e pola tarde de 16.00 a 19.30 horas.

Este ano colaboraron co Concello na organización deste evento as asociacións de veciños de Freixeiro, San Xiao, Xuvia, Virxe do Mar, Chafarís e A Solaina, así como o Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, o Club de Xubilados e Pensionistas Santa Icía, a Fundación Terra de Trasancos da cooperativa do Val, Aspanaes, a ASCM Narón, a Asociación Nosa Señora de Chamorro, Aspanemi, a Asociación da Terceira Idade de Pedroso, a asociación Gaikai, a Asociación de Torneiros da Madeira Virutas, o Círculo Xadrez Narón, a Sociedade Cultural Areosa, Affinor e o Club Tenis de Mesa Narón.

Lea también

El atrio de San Xulián de Narón lucira una talla del patrono confeccionada en el tronco de un árbol

Nuevamente el artesano de la piedra y la madera, y reconocido muralista Carlos García Romero deja …