O Padroado da Cultura de Narón e a Deputación organizan unha nova edición do programa «Cine de verán»

Fot. arch.

O programa Cine de verán, organizado polo Concello de Narón e a Deputación da Coruña regresará a partir de este mércores á zona urbana e rural do municipio cun total de oito filmes.

Este mércores

O Concello de Narón impulsa un ano máis esta proposta, da man do Padroado da Cultura, e que se inicia este mércores na pista polideportiva da Solaina -https://goo.gl/maps/bmtFFXx5XBEBy2mA7-, donde a partir das 22.30 horas terá lugar a proxección, nunha pantalla de grandes dimensións, da película Campeones. O filme, no que interveñen actores como Javier Gutiérrez, Juan Margalo, Luisa Gavasa e Itziar Castro, entre outros, conta a historia de Marco, un adestrador de baloncesto que se fará cargo dun equipo moi especial.

As sesións serán de balde e a través das mesmas apóstase por descentralizar as actividades impulsadas na área de Cultura, achegando aos barrios e parroquias da cidade unha gran variedade de películas que se sucederán ata o vindeiro 18 de xullo.

O xoves, 27

A segunda das xornadas de Cine de Verán terá lugar este mesmo xoves, día 27, no entorno da Praza da Gándara, donde se poderá ver o filme Peter Rabbit, unha comedia con imaxes reais e de animación baseada en historias de Peter Rabbit e en cuxo reparto están Ros Byrne, Sam Neil e James Corden.

No mes de xullo

A programación continuará o 3 de xullo na Praza do colexio de Xuvia, con Hotel Transilvania 3, cunha familia de monstros que se embarca nun cruceiro de luxo e que divertirán a todo o persoal de a bordo ata que a viaxe torna nun pesadelo.

O día 4 de xullo na pista polideportiva de San Xiao poderase ver Cavernícola, un filme protagonizado por unha tribu, da que forma parte Dug, de homes e mulleres inadaptados e ambientada na Idade de Pedra, que salvarán o seu fogar e ensinarán a un grupo de cavernícolas a xogar ao fútbol.

Na xornada do día 10 na pista polideportiva de Pedroso, proxectarase Mago Dubidoso, unha película galega de animación en 2D que é unha adaptación dunha novela do escritor Roque Cameselle, que conta a historia dun pequeno mago que loita contra a superstición e ambientada na Idade Media.

O día 11 na pista polideportiva de San Mateo, proxectarase Os Fenómenos, un filme tamén galego dirixido por Alfonso Zarauza e no que actúan Lola Dueñas e Luís Tosar, entre outros recoñecidos actores. A película conta a historia dunha muller que vive en Almería co seu home e un fillo e ten que regresar a Ferrol, a súa cidade natal, ante un inesperado acontecemento.

A seguinte cita deste programa será o día 17 nas inmediacións do Centro Cívico Social do Val, con Maimiño, outra película galega que se proxectou tamén en Cuba con gran éxito, e que é un traballo de animación no que se fai unha versión libre do conto Pulgarcito.

Finalmente, pechará o ciclo a proxección de Soño dunha noite de San Xoán, o 18 de xullo na Praza de Galicia, centrada nunhas lendas que contan que na noite de San Xoán os humanos poden ter acceso ao mundo dos duendes e as fadas, donde os soños se poden converter en realidade. Todas as proxeccións darán comezo ás 22.30 horas.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …