Éxito de participación no Impact Weekend Narón que se celebrou esta fin de semana no pavillón Campo da Serra

O Concello de Narón colaborou coa Asociación Cultural Impact na organización dunha nova edición do Impact Weekend Narón, que reuniu esta fin de semana no pavillón municipal Campo da Serra a máis de trescentos xogadores. A cita comezou a desenvolverse na tarde do pasado venres e rematou na noite, deste domingo. O presidente da Asociación Cultural Impact, Antonio Adalid, asegurou que a convocatoria, resultou “todo un éxito tanto a nivel de participación como de público”. Adalid destacou a acollida deste evento e recoñeceu que “organizalo require un traballo importante pero o resultado é moi gratificante porque a xente está moi contenta”, incidindo en que cada ano “apostamos por ofrecer unha proposta de maior calidade”.

A maiores das persoas que participaron de Ferrolterra, Eume e Ortegal, inscribíronse tamén outras chegadas de diversos puntos de Galicia e España e tamén de Portugal e de países como Alemaña ou Brasil, o que lle deu a este evento un carácter internacional. A presencia do campión do mundo de Magic The Gathering, o valenciano Javier Domínguez, a retransmisión en streaming dos principais torneos coa participación de influencers e colaboradores e a asistencia do artista francés Johann Bodin, que amosou as súas ilustracións e asinou cartas de Mtg deseñadas por el, estiveron entre as principais novidades desta convocatoria.

O pavillón Campo da Serra reabriu as súas portas na mañá deste domingo para iniciar o torneo Modern Impact Returns e a partir das 12.00 horas puidose ver de novo a exposición Retro e comezou outro dos torneos, o de Gastlands, que rematóu sobre as 17.00 horas. Así mesmo, tamén dende as 16.30 comezaron a disputarse os torneos de Magic The Gathering, Modern e outros formatos, así como o de Un Cube MTG. Tanto neste domingo como na xornada de onte sábado–pola mañá e pola tarde- os asistentes tiveron a oportunidade de participar en varios obradoiros: Hama Beads, xogos de taboleiro, iniciación a Magic The Gathering, xogar en consolas retro… e, hoxe, tamén practicar xogos como o Mikado, tradicional no Xapón.

O venres pola tarde disputáronse torneos de Magic The Gathering nos formatos Modern e Legacy e o sábado foron os torneos de Legacy, que se compaxinaron con outras propostas do programa, como torneos varios de Retro Galaicos –con Retro Narón-, ou obradoiros de personalización de chapas –coa asociación cultural Gaikai- entre outras propostas.

Lea también

Concello de Narón e AGA Ferrolterra organizan charlas sobre a avespa asiática

A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Concello de Narón …