O Triatlón Ferrol clasifica tres homes para o galego e é bronce por equipos en Poio

El Triatlón Ferrol no podio do Campionato Galego | Triatlón Ferrol

Tres dos integrantes do Triatlón Ferrol que esta fin de semana competiron en Poio conseguiron unha praza para o campionato galego.

Marcos Ruiz, no pelotón cabeceiro en todo momento, rematou en sexto lugar na clasificación final e alzouse co bronce en categoría sub-23. Xunto a el, subiron ao podio para colgarse o bronce por clubs, Juan Rejas -14º da xeral e subcampión junior- e Jorge Morado -21º-, tamén logrando o billete directo para a cita autonómica.

Pablo Pedrosa finalizou en 31ª posición, con opcións de clasificarse en próximas probas, mentres que Álvaro Ordiales tivo que retirarse no ciclismo por unha indisposición.

Completaron a participación do club ferrolán Luis Rilo -70º-, Borja Catrufo -74º- e Ricardo Fernández -81º-.
Na proba popular, Ainara Pita foi décima, Diego Carballeira 13º e Bruno Castro 22º.

Lea también

Álex Rilo, representación ferrolana en la Copa del Mundo de Lievin

El ferrolano Álex Rodríguez Rilo disputará este sábado la Copa del Mundo de Lievin en …