Miriam Casillas contribúe ao mellor resultado de España nun mundial de relevos mixtos

Roberto Sánchez, Godoy, Miriam Casillas e Antonio Serrat | Triatlón Ferrol

Miriam Casillas foi vital para que a selección española lograse ser sexta no mundial de relevos mixtos, o mellor resultado da historia do equipo nacional.

Despois do cuarto posto de Mola e a caída en bici de Alarza do sábado, o seleccionador cambiou a estes homes por un exultante Antonio Serrat e a promesa Roberto Sánchez Mantecón.

A internacional do Triatlón Ferrol recolleu o testemuño en sétima posición e realizou o relevo decisivo para manter á selección española con opcións de loitar entre as mellores. Sen despegarse do grupo na natación, sufriu nun esixente ciclismo e apertou na carreira a pé, durante a que a avisaron de que o equipo tiña unha penalización –Serrat desmontara da bici tarde- pero, por estratexia, Sánchez cumpriría esa sanción e a pacense Casillas finalizaría o seu traballo mellorando un posto, sendo sexta, e no grupo dianteiro.

Desde fóra, a triatleta de Badaxoz puido comprobar como o seu último compañeiro mantería as posicións e acabou cruzando a meta sexto, a cinco segundos do quinto posto e despois de ter que parar na área de penalización durante dez segundos.

Lea también

El Tri Náutico Narón afronta las jornadas finales de la Liga Nacional de Clubs y la Liga Talento

El Tri Náutico Narón se desplaza a Soria para afrontar las jornadas finales de la Liga …