A alcaldesa de Narón solicitou una nova entrevista coa conselleira de Educación para tratar sobre a escola de Pedroso

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, solicitou na mañá deste martes unha nova entrevista coa conselleira de Educación, Carmen Pomar, e enviou un escrito á valedora do Pobo, Milagros Otero, para informala sobre a situación que atravesan as familias interesadas en escolarizar o vindeiro curso aos seus fillos e fillas na unitaria de Pedroso. O goberno local de Narón respalda as reivindicacións das familias e denuncia a pasividade da Xunta coas persoas afectadas, que recibiron a comunicación de que a conselleira non vai respostar no pleno deste mércores no Parlamento á pregunta que a instancias do goberno local ía formular o grupo En Marea. Nesa pregunta, que se aprazou alegando “motivos de axenda” da titular de Educación na Xunta, Pomar tiña que expoñer públicamente as intencións da Xunta sobre a reapertura da escola unitaria de Pedroso.

Unha vez máis a administración autonómica abandona ás familias de Narón e elude pronunciarse sobre a reapertura dun centro escolar no rural da cidade que cumpre os requisitos esixidos pola propia Consellería de Educación para manter abertos este tipo de centros”, denunciou Ferreiro. “É intolerable a pasividade e indiferencia coa que se está tratando a eses pais e nais e aos seus fillos e fillas, que teñen que ter os mesmos dereitos que outros nenos e nenas que residan na zona rural de Galicia pero que lamentablemente están vendo como a Xunta os deixa de lado a tres meses de iniciarse o novo curso escolar”, asegurou a alcaldesa.

Á vista da situación actual Ferreiro remitiu un escrito á Valedora do Pobo informándolle da situación e solicitando a súa intervención para instar á Consellería de Educación a reabrir un centro que conta para o curso 2019-2020 cun total de seis menores que solicitaron praza, así como o compromiso de varias familias para escolarizar en vindeiros anos aos seus fillos e fillas na devandita escola, o que garantiría a viabilidade do centro nos vindeiros cursos. “O pasado mes de setembro a Xunta non abriu o centro alegando que non se cumpría o requisito de matrículas e este ano, tras alcanzar esa cifra, aprobarse mocións no pleno esixindo a reapertura, convocar varias concentracións, entregar 1.600 firmas e estar garantida a futura viabilidade do centro, a conselleira continúa sen confirmar ás persoas afectadas a reapertura do centro e só se ofrece como alternativa envialos a outros centros, co que iso supón á hora de implicar maiores desprazamentos dende os seus domicilios e tamén alonxalos do seu entorno diario”, apuntou a rexedora local.

“Se este tipo de actitudes e medidas son as que vai promover a Xunta de Galicia na que autodenominaron “lexislatura de impulso do medio rural”, coa que entre outras cousas pretenden incrementar o asentamento de veciñas e veciñas neses núcleos, unha vez máis están vendendo fume e, o que é peor, abocando ao rural a un maior abandono”, recalcou.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …

Un comentario

  1. A pero todavía non se foi de vacacions, señora alcaldesa; está vostede mellorando.