Miriam Casillas continúa a busca da clasificación olímpica na Copa do Mundo de Tiszaujvaros

Miriam Casillas nunha proba | Triathlon Live

Miriam Casillas disputa este sábado e domingo a Copa do Mundo de Tiszaujvaros coas miras postas en manterse como a mellor española do ranking de clasificación olímpica.

A internacional do Triatlón Ferrol competirá na proba que se celebra en formato de semifinal máis final. Deste xeito, o sábado deberá estar entre as 15 mellores da súa semifinal, algo factible para Casillas, e así ter opcións de loitar polo top-10 da Copa do Mundo na xornada do domingo.

En fronte, Miriam Casillas terá triatletas como Natalie Van Coevorden, actual top-20 do mundo.

Lea también

Abascal presentará este domingo, en Pontevedra, a los candidatos de VOX

El presidente de VOX, Santiago Abascal, encabezará este domingo, día 21 de enero, la presentación …