Esprinte en meta e medalla de chocolate para Miriam Casillas na Copa do Mundo de Tiszaujvaros

Miriam Casillas en Chengdu – Triatlón Ferrol

Miriam Casillas conseguiu un excelente cuarto posto na Copa do Mundo de Tiszaujvaros aínda que con sabor amargo, por entrar ao esprinte coa segunda e a terceira e quedar ela fóra do podio.

A internacional do Triatlón Ferrol marcou o mellor parcial a pé cun tempo de 17 minutos 10 segundos nos 5 km definitivos pero tivo que conformarse coa medalla de chocolate.

Todo despois dunha semifinal atípica xa que a tormenta obrigou a reducir a distancia á metade. Nela, Miriam Casillas rematou sexta, xusto por detrás de Perkins e Vilic, as súas rivais de esprinte na final do domingo.

Lea también

La AD Judo Ferrolterra participó en la Copa de España infantil y cadete de Suances

El pasado fin de semana se celebró en Cantabria la I Copa de España Infantil …