Trinta mulleres recolleron en Narón os diplomas de tres accións formativas do II Plan Municipal de Igualdade

O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e a concelleira de Igualdade, Mar Gómez, entregaron na mañá deste xoves os diplomas de fin de curso de tres actividades educativas dirixidas a mulleres e enmarcadas no II Plan Municipal de Igualdade.

Unha trintena de mulleres recibiron no Concello os diplomas correspondentes aos cursos de Igualdade
por medio da educación, Iniciación á confección e Integración e xestión familiar, iniciados o pasado mes de outubro e que remataron a finais de xuño.

As alumnas destas accións formativas eran veciñas de Narón, desempregadas e maiores de 18 anos. En canto aos cursos, o de Igualdade por medio da educación, que se impartiu na Casa da Mocidade, rematárono sete mulleres; outras tantas finalizaron o de Integración e xestión familiar que tivo lugar no colexio de San Mateo e na Casa da Mocidade e trece mulleres realizaron o de Iniciación á confección, que se impartiu no Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz.

Na súa intervención, os representantes do goberno local felicitaron ás alumnas dos tres cursos e animáronas a continuar formándose a través das diferentes accións que se convocan dende o Concello nesta área ao longo do ano.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …