Miriam Casillas, 16ª e mellor española en Edmonton

Miriam Casillas en Edmontor | Wagner Araujo (ITU Media)

Miriam Casillas conseguiu ser 16ª nas Series Mundiais de Edmonton, adiantando a Sara Pérez no último segmento a pé e convertíndose na primeira española en meta.

Despois dunha regular natación, a internacional do Triatlón Ferrol rodou no pelotón perseguidor e acabou dando caza a varias triatletas do grupo líder grazas ao seu nivel nos 5 km finais de carreira a pé.

Desta forma, Miriam Casillas volveu ser a mellor española da competición, a case 20 postos da súa máxima rival pola primeira praza olímpica, Anna Godoy.

Lea también

Narón acolle o “XXIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón” e o “Campionato Galego de Standard”

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club de Baile Deportivo Narón, …