O Concello de Ferrol abre o prazo para solicitar as axudas á escolarización e as becas de comedor

Mañá, mércores 24 de xullo, abrirase o prazo para pedir as axudas á escolarización e as becas de comedor, convocadas pola concellería de Benestar Social, que dirixe a edila Eva Martínez Montero. Os interesados poden presentar no Rexistro Xeral as súas solicitudes dentro dos próximos 15 días hábiles (ata o 14 de agosto). O orzamento total supera os 350.000 euros, pero existe a posibilidade de amplialo en función do número de axudas que se concedan. A partida dedicada a axudas á escolarización ascende a cerca de 83.000 euros, mentres que a de becas para comedor é de 268.000.

Ambas axudas están dirixidas a menores escolarizados en calquera dos centros educativos públicos ou concertados de Ferrol, nos que se impartan estudos de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato ou formación profesional, tanto básica como de grao medio. As destinadas á escolarización consisten en vales de 95 euros por cada menor para a adquisición de material escolar e roupa deportiva. As becas de comedor subvencionan a totalidade do importe das comidas.

No ano 2018 presentáronse 1.050 solicitudes para axudas á escolarización, das que se concederon 872. En canto ás becas de comedor, as peticións foron 535, e cumpriron os requisitos 412.

Toda a documentación referente á convocatoria pódese consultar no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol e no taboleiro de anuncios da páxina web municipal: https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios.

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …