A concellería de Muller e a asociación Alvixe avanzan na colaboración para apoiar ás vítimas da violencia de xénero

Cristina Prados na reunión con Alvixe | Concello de Ferrol

A concelleira de Muller, Igualdade, Xuventude, Minorías Étnicas e Normalización Lingüística, Cristina Prados Rubio, recibiu onte na Casa da Muller a unha representación da Asociación Alvixe, de apoio ás vítimas de violencia de xénero. Á reunión coa edila asistiron a presidenta da entidade, Paloma Rodríguez Vázquez; a tesoureira, María Emilia Rodríguez Costa, e as vocais María José Pena García e Isabel Crespo Raíndo.

Prados amosou a súa receptividade á petición da entidade dun espazo para desenvolver a súa labor facilitando o uso dun local na Casa da Muller no que xa estivo a traballar Alvixe no anos 2015 e 2016. Así mesmo, ofreceu a utilización como lugares de reunión doutros espazos da casa da Muller cando a actividade e funcionamento da propia Casa da Muller o permitan.

Na reunión abordouse tamén a necesidade de concienciar na igualdade incidindo desde todos os ámbitos sociais, incluídos o educativo e o familiar, na defensa dos dereitos e liberdades da muller, así como a tarefa de suma importancia de implicar a todas as Administracións xunto coa sociedade civil na loita contra unha lacra que non cesa, a violencia de xénero.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …