O Concello adxudica a segunda fase das obras que dotarán a Valdoviño do seu primeiro centro sociocomunitario

O Concello de Valdoviño adxudicou a segunda fase da intervención que convertirá o antigo mercado municipal no primeiro Centro Sociocomunitario do municipio. Así o avanzou na mañá deste venre  o alcalde, Alberto González, quen sinalou que a empresa que levará a cabo as obras será a firma
Manuel Barcia García, cun orzamento de 59.900 euros. A actuación iniciarase no prazo dun mes, unha vez conclúa a primeira fase, e permitirá completar esta actuación de modo que o Centro Sociocomunitario sexa unha realidade antes de rematar o ano.

Nesta liña, Alberto González explicou que as instalacións abrirán as súas portas a finais de 2019, enchendo de actividade o centro, aínda que a intención do Concello é continuar a intervención cunha terceira fase, independente ás dúas primeiras, e que consistirá fundamentalmente en aumentar unha altura e crear unha pasarela entre este edificio e a Casa da Cultura, sita a escasos metros.

Respecto á segunda fase, o alcalde explicou que os traballos contemplan actuacións en materia de electricidade, iluminación, fontanería e acabados, así como a redistribución dos aseos e cuarto da limpeza, e a instalación do pavimento.

Investiranse preto de 60.000 euros, que se suman aos 236.295,01 euros que precisou a primeira fase e que co cofinancian Xunta e Concello. Unha e outra teñen o mesmo obxectivo: a rehabilitación integral do antigo mercado municipal para usos sociais.

Sobre o inmoble

As dependencias sitúanse á entrada da parroquia de Valdoviño, na estrada de Cedeira, e na área de influencia do Centro de Saúde, do Auditorio, do Museo do Surf e da Casa da Cultura. Actualmente alberga as dependencias da Garda Civil e do Xulgado de Paz, aínda que a maior parte da súa superficie, noutrora
mercado, estaba en desuso tras a xubilación da titular do único negocio que durante anos ocupou o inmoble. Así, hoxe en día, o local utilizábase como almacén municipal.

A edificación destinarase a usos sociais, asociativos, de ocio, culturais e mesmo deportivos. Tamén será un espazo de encontro, reunión e actividade para os veciños e veciñas. Compatibilizará estes usos coa celebración de charlas divulgativas, accións formativas…

Lea también

El Concello de Cariño trabaja en «medidas correctoras» ante los problemas en el agua del abastecimiento público

El Ayuntamiento de Cariño asegura estar trabajando en «medidas correctoras definitivas» para solucionar los problemas …