Este sábado haberá unha andaina solidaria contra o cancro, en Ortigueira

A delegación ortegana da Asociación Española de Lucha contra el Cáncer organiza para o vindeiro sábado 17 unha Andaina solidaria co lema “Ortigueira en marcha contra o cancro”, que sairá ás 11.00 horas desde a Alameda e conta coa colaboración do Concello.

As inscricións, que terán un prezo de 5 euros para adultos e de 3 para os menores de 14 anos, poderanse
realizar de xeito presencial no local da entidade (antigo Hospital de San Roque) ou na oficina municipal
de turismo, e online no enderezo evedeportnorte.com/aeccenmarcha.

Tamén será posible apuntarse na propia Alameda a partir das 9.30 horas do mesmo día da proba, momento en que comezarán tamén as actividades complementarias e a venta de merchandising.

Lea también

Cedeira impulsa excursións escolares á Capelada

O Concello de Cedeira quere promover as excursións de grupos escolares á Serra da Capelada, …