Miriam Casillas, 17ª co relevo mixto español en Toquio

Miriam Casillas coa selección española de relevos | Triatlón Ferrol

Miriam Casillas foi a encargada de abrir a participación do relevo mixto español en Toquio, que finalmente foi 17º por culpa dunha picada que sufriu David Castro en bici.

A internacional do Triatlón Ferrol fixo un bo ciclismo e, na natación e carreira, notou algo do cansazo acumulado polo test olímpico previo. Aínda así, entregou o testemuño na undécima posición. As opcións dun bo resultado esfumáronse polo inconveniente do derradeiro relevista español pero, a pesar de rematar últimos, Castro evitou que a cabeza de carreira o dobrase, como lle aconteceu a seleccións como a portuguesa.

Sendo case un trámite a participación neste relevo, Miriam Casillas deixa Toquio satisfeita polo 13º posto da proba individual e coa vista posta na Gran Final de Lausanne.

Lea también

El Racing infantil logra un brillante ascenso a División de Honor

El Racing infantil certificó el domingo su ascenso a División de Honor tras derrotar al Vitoria. …