Este domingo terá lugar o I Torneo Municipal de Fútbol Feminino Concello de Valdoviño

Cartel do torneo | Concello de Valdoviño

O campo O Lameiro de Vilaboa acollerá o vindeiro domingo 25 de agosto a primeira edición do Torneo Municipal de Fútbol Feminino Concello de Valdoviño. Así o avanzou esta mañá o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, que invitou á veciñanza a seguir o encontro que enfrontará aos equipos do CD Rosalía de Vilaboa e ao Amistade de Meirás. Será a partir das 18 horas con entrada libre e de balde ao campo.

Nesta liña, Saavedra destacou o auxe do fútbol feminino no municipio nos últimos anos, tal e como se constata coa recente constitución dos equipos locais de Vilaboa e Meirás.

Precisamente, o concelleiro apuntou que o Concello busca con este torneo recoñecer e promocionar o fútbol feminino no municipio, ao tempo que augurou unha longa vida ao trofeo.

Lea también

O Café Candelas O Parrulo “B” juega ante el Caja Rural Atlético Benavente

Los ferrolanos necesitan los tres puntos en su lucha por la permanencia. Empieza la recta …