O Concello de Ferrol anuncia que aínda hai dispoñibles 62 prazas de teleasistencia a persoas maiores

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, explicou que o Concello de Ferrol atende a un total de 138 persoas maiores a través do seu servizo de teleasistencia que se desenrola por medio de un convenio coa Cruz Vermella e anunciou que aínda hai dispoñibles outras 62 prazas, ata alcanzar os 200 terminais que actualmente se ofertan.

A edil mantivo hai uns días unha reunión con representantes desta entidade para abordar a realidade dos nosos maiores. Nese senso, Eva Martínez defendeu a «necesidade de combater as situacións de soidade neste sector da poboación» e anunciou que o Concello vai a presentar nos próximos días unha campaña informativa para darlle visibilidade ao día a día dos maiores. Con esta medida o departamento que dirixe a concelleira pretende implicar a máis entidades locais para colaborar no acompañamento dos anciáns do municipio.

Unha vez cubertas as duascentas prazas, o Concello de Ferrol «non descarta aumentar a cota do servizo, pois tratarase dunha prestación que funciona moi ben», explicou a edil. O obxectivo de Benestar Social e «mellorar a calidade de vida dos nosos maiores».

A concelleira de Benestar Social explicou que aquelas persoas interesadas en el servicio de teleasistencia municipal poden dirixirse ao edificio Social, situado na rúa Sánchez Barcaiztegui, 35.

Lea también

El alcalde de Ferrol se reúne con el presidente de la AVV de Prioriño

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado del concejal de Servicios y Zona Rural, …

Un comentario

  1. NO SOLO ES TELEASISTENCIA. COMO PROPUGNA LA CONCEJALA DE BIENESTAR. EL ARTICULO REFLEJA EN PARTE LO QUE YO PIENSO Y COMO CANDIDATO A LAS MUNICIPALES ASI DEFENDI, CON MAS MEDIDAS QUE INCLUIAN COCINA MUNICIPAL Y SERVICIO A COMEDORES SENIORS EN CADA BARRIO Y SERVICIO DOMICILIARIO