Mañá sábado haberá tres servizos extraordinarios de lancha con motivo dos actos do aniversario da batalla de Brión

Fot. arch.

O departamento de Turismo, que dirixe a concelleira Maite Deus, acadou un acordo coa empresa que xestiona as lanchas da ría para que mañá, con motivo dos actos polo aniversario da batalla de Brión, habilite tres viaxes entre o peirao de Curuxeiras e o castelo de San Felipe.

A edil detallou que ás 12 horas unha lancha fará a viaxe de ida entre Curuxeiras e o Castelo. Xa pola tarde, os asistentes á conmemoración poderán regresar a Ferrol Ás 19.30 e ás 20.30 horas.

Lea también

Nuevo abarrote, este domingo, en la segunda parte del festival de rondallas organizado por la A VV A Magdalena

Se repitió el llenazo del sábado en el salón principal del Casino Ferrolano con la …