O Concello de Ferrol desbloquea a ampliación do CHUF

O Concello de Ferrol, a través do concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, desbloqueou o proxecto da ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). O edil explicou que sacar adiante este proxecto “foi unha prioridade absoluta para esta corporación municipal desde o día en que chegamos”, e destacou que “en pouco máis dun mes desde Urbanimo logramos resolver todos os trámites” que había pendentes por parte do Concello. É unha “boa noticia para todos os veciños de Ferrol e comarca”.

Por parte de Urbanismo estudouse de forma “pormenorizada” o proxecto da Xunta e advertiuse á administración rexional que “hai problemas de conexión cunha rede de saneamento existente”, explicou Julián Reina. É por iso que desde a súa concellería emitiuse o informe técnico “para que o teñan en conta”.

Tras o desbloqueo por parte do Concello deste importante proxecto, o edil de Urbanismo reitera a súa vontade de seguir a disposición da Xunta para ofrecer aos veciños de Ferrol e comarca os mellores servizos.

Lea también

Formación en Ferrol en igualdad de género y prevención de violencias machistas

Se han cubierto más del 90% de las plazas. La concejalía de Igualdad y Mujer, …