Aberto o prazo para inscribirse na VII Milla Náutica a nado de Narón que se celebrará en setembro na enseada do paseo marítimo de Xuvia

José Oreona e Amando Guerreiro na presentación da VII Milla Náutica a nado de Narón | Concello de Narón

O concelleiro de Deportes, José Oreona, e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, presentaron esta mañá a sétima edición da Milla Náutica a nado de Narón, que terá lugar o vindeiro 7 de setembro na zona da enseada paseo marítimo de Xuvia. O Concello organiza a convocatoria coa AD Náutico de Narón e as persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 4 de setembro –ás 23.59 horas- a través da páxina web: www.ranckr.com, tal e como apuntou o concelleiro de Deportes.

Esta iniciativa deportiva diríxese a públicos de varias idades, polo que se disputarán sete categorías, unha de Pezqueniñes, para menores nados no ano 2008 e posteriores e seis máis, para nados en 2007 ou anos anteriores. Poderán inscribirse persoas federadas e tamén non federadas, según se indicou dende a organización.

En canto ás distancias a percorrer a nado pola enseada de Xuvia, para os nenos e nenas nados no ano 2008 e posteriores será unha distancia de 300 metros; para os nados en 2005, 2006 e 2007 de 800 metros, e para as restantes de 1.852 metros, correspondentes estes últimos á propia milla náutica. Os Pezqueñines sairán ás 11.30 horas, a segunda categoría ás 11.50 e as da milla teñen a saída ás 12.10 horas.

Os participantes que acaden os tres primeiros postos de cada categoría –masculina e feminina- recibirán como premio unha medalla, se ben haberá tamén premios á clasificación absoluta para todas as categorías da Milla con mellores tempos, que inclúen trofeos.

O presidente do Náutico de Narón apuntou que unha vez máis, a proposta da xunta directiva do Náutico e dos socios se retomase na cidade, agradecendo o respaldo do Concello de Narón para levala a cabo. “Esta será a primeira edición da segunda etapa da Milla náutica a nado de Narón e con ela retomamos a idea orixinaria do Couto pero cun circuíto máis bonito e atractivo na zona do paseo de Xuvia, pola enseada”, explicou Guerrero.

Pola súa parte, Oreona recordou que esta convocatoria celebrouse por primeira vez no ano 1993, desenvolvéndose as seis edicións anteriores no Couto, e destacou a aposta da AD Náutico de Narón por recuperar esta Milla náutica en Xuvia. O concelleiro naronés animou á cidadanía a inscribirse e desfrutar deste evento deportivo.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …