Os menores saharauis que participan en Narón no programa “Vacaciones en Paz” visitaron o Speis e a Casa da Aug

Os menores saharauis que pasaron o verán con familias de acollida en Narón no marco do programa “Vacaciones en Paz” apuran os últimos días na cidade antes de regresar aos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Arxelia. Na xornada deste martespola mañá desprazáronse ao Concello, donde se reuniron coa concelleira de Benestar Social, Catalina García, e pola tarde a primeira hora estiveron tamén coa edil naronesa nas instalacións do Speis de Narón, no polígono de Río do Pozo.

O presidente da Asociación Deportiva Cultural Bombeiros Narón, Luis García, acompañou aos menores e á delegada en Ferrol da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Martínez, tanto na visita ao Speis como, posteriormente, á Casa da Auga, na Coruña, donde foron recibidos por Celso Blanco, responsable de Termaria-Casa da Auga. Os menores desfrutaron nas instalacións, nalgúns casos en compañía das súas familias de acollida, antes de regresar de novo a Narón.

A concelleira de Benestar Social valorou esta iniciativa impulsada cos menores saharauis e as súas familias, ás que agradeceu a súa participación no programa “Vacaciones en Paz”. Así mesmo, García agradeceu a colaboración da Asociación Deportiva e Cultural Bombeiros Narón, do equipo do Speis da cidade e tamén dos responsables da Casa da Auga e do resto de entidades que este verán colaboraron en eventos programados cos nenos e nenas que participan no programa “Vacaciones en Paz”, como a Confraría de Barallobre, o Club de Atletismo Narón e o club NHD Adventure. “A de onte foi a xornada que serviu de colofón ás actividades do verán cos menores saharauis, unhas actividades que continuaremos impulsando con diferentes entidades e clubs en vindeiros anos”, avanzou Catalina García.

Lea también

La ASCM conmemora el día del libro con un MercaLIBRO solidario

La Asociación Sociocultural ASCM organiza este viernes 19 en el local social de A Gándara …