O Concello de Ferrol publica a lista provisional de solicitudes admitidas para as axudas á escolarización e as becas de comedor

O Concello de Ferrol acaba de publicar na web municipal a lista provisional das solicitudes para as axudas á escolarización e as becas de comedor convocadas pola concellería de Benestar Social, que dirixe a concelleira Eva Martínez Montero. Este ano solicitáronse 655 axudas á escolarización e 363 becas para comedor. O presuposto total supera os 351.000 euros, 268.000 euros para becas de comedor y 83.000 para as axudas á escolarización.

Ambas axudas están dirixidas a menores escolarizados en calquera dos centros educativos públicos ou concertados de Ferrol, nos que se impartan estudos de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato ou formación profesional, tanto básica como de grao medio. As destinadas á escolarización consisten en vales de 95 euros por cada menor para a adquisición de material escolar e roupa deportiva. As becas de comedor subvencionan a totalidade do importe das comidas.

O próximo luns ábrese un prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións. Toda a documentación pódese consultar no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol e no taboleiro de anuncios da web municipal: https://www.ferrol.gal/sede/taboleiroanuncios.

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …