A UDC Narahío volve facerse co trofeo municipal de San Sadurniño

O Narahío co Trofeo de San Sadurniño | Concello de San Sadurniño

A 27ª edición do trofeo municipal de fútbol de San Sadurniño quedou por cuarta vez consecutiva en Naraío, despois de que o equipo anfitrión vencese por 3-0 ao CF San Sadurniño nun encontro sen demasiados sobresaltos que só ofreceu algo de emoción durante a primeira parte.

A primeira parte con dominio claro do Narahío, que marchou ao descanso coa renda final de tres goles, un deles marcado de penalti segundos antes do remate da primeira parte.

Na segunda metade o San Sadurniño refíxose e logrou crear máis ocasións de perigo, de par que contivo mellor os envites locais. Con todo, non lle foi posible traspasar a barreira da UDC.

Tarde de fútbol sen incidencias, cunha rivalidade sá e marcada pola calor abafante que afogaba a Veiga, razón pola que foron necesarios dous paróns de refresco, un por cada metade.

Lea también

Reserva de entradas para el partido del Racing Club Ferrol frente al CD Tenerife

El Racing Club Ferrol gestionará la reserva de las entradas que el CD Tenerife le ha …