Top-25 para Miriam Casillas na Gran Final das Series Mundiais

Miriam Casillas en Chengdu | Triatlón Ferrol

A regularidade de Miriam Casillas viuse premiada cun 23º posto na Gran Final das Series Mundiais celebrada en Lausanne.

A internacional do Triatlón Ferrol pelexou nunha proba na que as mellores do mundo se xogaban a temporada e na que houbo que lamentar moitas retiradas, incluída á da española Anna Godoy durante o ciclismo.

Con este resultado, Casillas finaliza as Series Mundiais como a 37ª mellor triatleta do mundo e, a maiores, segue a ser a primeira española do ranking olímpico.

Lea también

O vindeiro luns abre o prazo de solicitude de horas de adestramento de pretempada e tempada nas instalacións deportivas municipais de Fene

A Concellería de Deportes de Fene informa de que a partir do luns 13 de …