Case 40.000 persoas gozaron dos concertos das festas de Ferrol

Fot. Galicia Ártabra

Unhas 40.000 persoas gozaron das festas de Ferrol que remataron o pasado sábado, segundo datos da concellería de Seguridade, que dirixe Germán Costoya. Os concertos de Fangoria, na praza de España, e Celtas Cortos, en Canido, tiveron 10.000 asistentes cada un. Mikel Erentxun contou con uns 6.000 asistentes; Pedro Guerra e Dorian, con 4.000 cada un, e o concerto folk do día 25 foi seguido por arredor de 2.000 persoas.

Para garantir a seguridade durante estes concertos e o resto de actuacións que formaron parte das festas, o Concello colocou dispositivos de seguridade na praza de España, Amboage, centro cívico de Canido e durante os fogos de San Ramón.

En canto ás asistencias sanitarias, non se rexistraron incidencias graves. A agrupación de voluntarios de Protección Civil informa que no concerto de Fangoria houbo dúas hipoglucemias, un síncope, un corte, una intoxicación etílica e un psiquiátrico. Na actuación de Dorian produciuse un síncope; na actuación de Pedro Guerra un corte e un traumatismo; en Marlon unha persoa sufriu dor muscular nun xemelgo; no concerto de Mikel Erentxun produciuse un traumatismo e durante os fogos de San Ramón outro traumatismo e un síncope. En canto á protección sanitaria, as festas contaron con una ambulancia de soporte vital básico, un médico e dous técnicos sanitarios. A este dispositivo contratado uníronse os medios do Concello: outra ambulancia e voluntarios de Protección Civil.

En cuanto ao número de efectivos, a agrupación de voluntarios de Protección civil informa que o concerto de Fangoria contou con 18, Dorian con 12, a cita co folk dispuxo de 11 efectivos, as rondallas con 6 efectivos, a festa infantil e cine con 5, Pedro Guerra con 12, Marlon contou con 14 efectivos, Mikel Erentxun con 18 e os fogos de San Ramón e Celtas Cortos, con 17 efectivos de Ferrol, 2 de Santiago e 2 de Abegondo.

Durante as festas o Concello instalou o Punto Violeta en case todos os eventos festivos para informar e previr na loita contra a violencia de xénero, un programa que rematou sen incidencias. Por súa parte, e por primeira vez, o dispositivo de seguridade para os fogos de San Ramón incluíu a peonalización da rúa Celso Emilio Ferreiro desde as 22.30 horas ata finalizar ou evento. Medida “moi positiva” segundo a Policía Local “tendo en conta a anchura da plataforma da vía e a enorme cantidade de público que nesa vía se congrega para presenciar os fogos”.

Dispositivo da Policía Local

Durante a semana das festas, informou Policía Local, tramitáronse varias denuncias administrativas por “excesos” nos horarios: cinco por exceso no horario de peche do establecemento e catro por exceso no horario da terraza anexa. Tamén informa de que se implementou o programa de prevención do consumo de alcohol por parte dos menores. En ningún dos concertos controlados se detectou a menores consumindo bebidas alcohólicas e non se denunciou ningún establecemento nin se identificou consumindo a ningún menor na zona denominada “cinceiro”. O 092 contou con 35 efectivos para vixiar o desenrolo das actividades festivas.

O concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, dixo que dende o Concello “estamos moi satisfeitos co desenvolvemento das festas”. Quixo “sinalar tanto o dispositivo de control de consumo de alcol en menores e o punto violeta” e felicitou a todos os efectivos. Pola súa banda, o edil de Festas, Antonio Golpe, destacou o bo ambiente que reinou nas celebracións deste verán e indicou como especialmente relevante que pese á gran afluencia de público a moitos dos espectáculos non se rexistraron ningún tipo de incidentes salientables. Golpe mostrouse satisfeito polo que cualificou dunhas festas “para todo o mundo” e lembrou que o Concello fixo un esforzo por estender as actividades fóra do centro da cidade, unha experiencia que afirmou que foi “moi positiva”, polo que mostrou a súa intención de incidir nela no futuro.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …