Reunión con representantes do Igape e do Plan Ferrol para abordar a situación de Poliga

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, desprazouse na mañá deste mércores a Santiago para reunirse no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) co director do citado organismo, Juan Cividanes e coa presidenta do Plan Ferrol, Natalia Barros. Á xuntanza, solicitada dende o Concello para interesarse pola situación da empresa Poligal –que aplicou un ERE extintivo aos seus máis de cen empregados e empregadas-, acudiron tamén o concelleiro de TEGA Guillermo Sánchez Fojo e os portavoces do PSOE, José David Pita; e do PP, Germán Castrillón.

A alcaldesa indicou que no transcurso da xuntanza, Cividanes explicou que dende o Igape se continúan realizando xestións para tratar de dar unha alternativa viable para a planta de Poligal en Narón. Os representantes do citado organismo e do Plan Ferrol aseguraron que se continúa traballando na citada liña.

Pola súa parte, Ferreiro asegurou que dende o Concello de Narón “continuaremos realizando as xestións que estean nas nosas mans co fin de que os extraballadores e as extraballadoras de Poligal conten cunha solución de futuro que garanta o seu traballo tralo desmantelamento da planta ubicada na Gándara”. A alcaldesa incidiu en que o goberno local “continúa a disposición dos exempregados de Poligal e tamén colaborará co resto de administracións supramunicipais para que esta situación acade unha pronta solución satisfactoria para esas máis de cen familias”

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …