O Concello de Narón abre este luns o prazo de matrícula nas Escolas Culturais e Deportivas municipais

O prazo de inscrición nas Escolas Culturais do Padroado da Cultura e as Escolas Deportivas do Padroado de Deportes de Narón para o curso 2019-2020 abrirase este luns, 9 de setembro e pecharase o vindeiro 5 de outubro. As matrículas formalízanse nas instalacións do Pazo da Cultura e do Pavillón polideportivo da Gándara, respectivamente, donde se poden recoller as instancias e solicitar información sobre a oferta en ambas áreas.

Escolas Culturais

No Padroado da Cultura, nas Escolas Tradicionais poderase acudir a clases de Danza tradicional, Canto e pandeireta (a partir de 5 anos); Gaita, Percusión tradicional (a partir de 6 anos); Acordeón, Zanfona (dende os 8 anos); Construción de instrumentos (a partir de 16 anos) e, para os nenos e nenas de menor idade, de 3 e 4 anos, está a opción de O Recuncho dos pequechos. A través desta última proposta foméntase o desenvolvemento integral do menor e, a maiores, concíbese a modo orientativo para que no futuro os alumnos e alumnas poidan elixir entre as diferentes opcións das escolas culturais municipais.

Así mesmo, tamén dende o Padroado da Cultura, ofértanse dende as Escolas Artísticas dúas opcións: Debuxo (a partir de 6 anos) e Teatro (a partir de 4 anos) e na Escola de Formación Actoral impartiranse o primeiro curso e Practicum e tamén segundo e terceiro.

En canto ao custe das actividades, o prezo de cada unha delas é de 63,10 euros por curso a excepción de segundo e terceiro da Escola de Formación Actoral, cuxo importe é de 208 euros por curso e con opción neste último caso de pago fraccionado. As inscricións nas Escolas Culturais municipais deben tramitarse no Pazo, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

 

A duración do curso das Escolas Culturais municipais é de oito meses enas clases impartiranse entre o 14 de outubro e 31 de maio de 2020. Para recibir máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 391 144.

Escolas deportivas

Así mesmo, o vindeiro luns, día 9, tamén se abrirá o prazo de inscrición nas actividades das Escolas Deportivas do Padroado de Deportes ubicadas no complexo polideportivo municipal da Gándara e na piscina. As modalidades ofertadas son: natación, ximnasia de mantemento, ioga, pilates e musculación
e, entre as escolas deportivas exteriores: tenis de mesa, remo e xadrez. As persoas que non teñan reserva de praza deben tramitar as inscricións ata o 30 de setembro no caso das veciñas e veciños de Narón posuidores do bono familiar e, entre os días 16 e 30 de setembro aquelas persoas doutros concellos. A tramitación das inscricións debe realizarse nas oficinas do complexo polideportivo da Gándara, en horario de 9.00 a 13.00.

As inscricións nas actividades conveniadas con outros clubs: atletismo, balonmán, tiro con arco, fútbol, fútbol sala, baloncesto, piragüismo, golf, boxeo, kick boxing e patinaxe artística, deben realizarse nos propios clubs, podendo informarse tamén sobre as mesmas nas oficinas do pavillón polideportivo da
Gándara.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …