Os colexios públicos teñen aberto o prazo para que as familias soliciten as actividades extraescolares para este curso

Os centros de educación infantil e primaria (CEIP) teñen aberto o prazo de inscrición nas actividades extraescolares para o curso 2019/2020 organizadas pola concellería de Educación do Concello de Ferrol nos dez colexios públicos da cidade: A Laxe, Cruceiro de Canido, Esteiro, Isaac Peral, Juan de Lángara, Manuel Masdías, Pazos, Ponzos, Recimil e San Xoán.

Estas materias darán comezo o próximo 1 do outubro, e para entón cada centro escolar ten que ter mandado ao Concello as peticións das familias na última semana de setembro. Para elo, os colexios elixiron, xa desde o anterior curso, entre as 36 materias que ofrece a concellería que dirixe Antonio Golpe: gaita galega, percusión tradicional, iniciación á música, patinaxe, baile moderno, baile galego, debuxo e pintura, teatro, xogos cooperativos e tradicionais, ximnasia rítmica, capoeira, chinés, francés, karate, judo, fotografía, informática e internet, manualidades, fútbol, alemán, lingua de signos, técnicas de estudio, habilidades sociais e de comunicación, redes sociais, emprendimento e habilidades cooperativas, creatividade, guitarra, xogos de mesa, informática musical, risoterapia, pilates, conta contos, xardíns e semilleiros escolares, hortos e semilleiros escolares, hip hop e baloncesto. Ademais, hai catro máis a proposta dalgúns centros, como é zumba, creatividade e xogos tradicionais, xogos de mesa e cooperativos e creatividade e contacontos. O número de actividades que se asigna a cada CEIP vai en función do número de alumnado.

As actividades extraescolares máis demandadas este ano foron patinaxe, seguida de baile moderno, kárate e hip hop.

Reunión do concelleiro coa Feanpas

Despois de que representes da Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Ferrolterra (Feanpas) solicitaran a pasada semana ao concelleiro Antonio Golpe manter unha reunión con el, este encontro produciuse o pasado mércores, coincidindo co inicio do colexio. O edil quixo darlles a coñecer de primeira man a programación das actividades que ofrece o Concello para o curso escolar 2019-2020.

Ademais dun nutrido programa de actividades extraescolares, a área de Educación mantén o servizo de comedores e o programa “Xadrez nas escolas” para os dez CEIP e os once centros concertados da cidade.

Lea también

El alcalde de Ferrol mantiene una reunión con la presidenta de Dignidad, Lola Romero

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, se reunió en la mañana de este …