Comeza a programación de outono do Teatro Jofre e do Auditorio de Caranza

A programación cultural do Teatro Jofre e do Auditorio de Ferrol para este outono xa está en marcha. A Real Filharmonía de Galicia ten a súa cita cos ferroláns fixada para a próxima semana, o venres 27 de setembro no Auditorio de Caranza, ás 20.30 horas, e volverá á cidade a finais de ano, o 20 de decembro, á mesma hora. Tamén actuará no Auditorio de Caranza a Orquesta Sinfónica de Galicia o xoves 10 de outubro, ás 20.30 horas.

Pola súa banda, o escenario do Teatro Jofre recibirá a La Ritirata o día 30 de outubro, ás 20.30 horas. A formación, que en 2018 celebrou o seu 10º aniversario, recibiu o Premio Ojo Crítico 2013 de RNE, na modalidade de Música Clásica, concedido por primeira vez na súa historia a un grupo de música antiga, e o Premio Codalario ao mellor produto musical 2014. Tamén foi galardoada co Premio de Cultura da Comunidad de Madrid na categoría de música clásica, que premia o labor de investigación e difusión de música antiga que realizou Josetxu Obregón na última década e que levou a La Ritirata a ofrecer máis de 200 concertos en 22 países de 4 continentes. O Trío Reinecke (clarinete, viola e piano) ofrecerá tamén no Jofre un concerto o xoves 21 de novembro ás 20.30 horas.

As entradas de todas estas actuacións xa están á venda na web do Teatro Jofre: http://www.ferrol.es/jofre/Paginas/SelEvento.aspx.

Lea también

O CIRS de Cervás de Ares, énchese polo Día Mundial do Teatro

Cunha radio xigante onde se poden ler nomes de lugares de todo o mundo, dende …