As familias xa poden recoller os vales para a adquisición de material escolar

O Concello de Ferrol xa ten a listaxe definitiva das axudas á escolarización que convoca a concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez. A responsable informou de que as familias xa poden retirar os vales de 95 euros por cada menor para a adquisición de material escolar e roupa deportiva. Poderán facelo dende mañá venres no Edificio Social (rúa Sánchez Barcáiztegui, 35) en horario de 9 a 14 horas. A axuda vai dirixida a menores escolarizados en calquera dos centros educativos públicos ou concertados de Ferrol, nos que se impartan estudos de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato ou formación profesional, tanto básica como de grao medio.

Dende a concellería informan que houbo 616 familias solicitantes e concedéuselles axuda a 848 menores. O presuposto total é de 80.560 euros. O listado pódese consultar tanto no Rexistro Central municipal como na dirección de Internet https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios.

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …