A Policía Local de Ferrol conta desde hoxe cun novo furgón de atestados

Ángel Mato visitando o novo furgón de atestados | Concello de Ferrol

Esta mañá foi entregado ao Concello de Ferrol o novo furgón de atestados que formará desde agora parte do parque móbil da Policía Local. O alcalde, Ángel Mato, visitou o cuartel do 092 acompañado do concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, para comprobar as características do vehículo. Costoya explicou que esta adquisición “da cumprimento a unha das necesidades que ven demandando a Policía Local dende hai tempo” e que o furgón servirá tanto para facer atestados como controis de alcoholemia e de drogas. O que se viña utilizando ata o momento, que xa cumpriu os dez anos, vai quedar a partir de agora como un vehículo “secundario”, detallou o edil.

O vehículo foi adquirido por 71.000 euros e supera amplamente, segundo dixo Germán Costoya, os requirimentos que constaban nos pregos de licitación. Ademais, está equipado con todas as novas tecnoloxías, en canto a ordenador, analítica de drogas e control de alcoholemia. O concelleiro de Seguridade mostrou a súa satisfacción por que os axentes municipais conten desde hoxe cun furgón que lles ofrecerá moito mellores prestacións que o que viñan empregando.

Lea también

Desvíos de tráfico de las obras de humanización de la FE-14 Ferrol

El Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible avanza en la ejecución de las obras de …