Marta Grandal elexida como nova responsable local do BNG de Narón

O xoves, día 26, ás 20.00 horas tiña lugar unha asemblea local do BNG de Narón onde se pasou a incorporar persoas ao seu consello local e a elexir a Marta Grandal como responsable local. Ánxel Rial que viña desenvolvendo esa responsabilidade cede o posto despois de case catro anos “nos últimos tempos foise incorporando un número cuantitativo e cualitativo importante ao bloque e o lóxico e que tamén se reflexado no consello porque no traballo diario xa é unha realidade”. Tras de si Rial deixa bos números: reforzo da organización e suba de votos en todos os procesos electorais do BNG desde as eleccións galegas.

Marta Grandal é a actual persoal de confianza do concello no grupo municipal e ten experiencia nos órganos do BNG de Narón sinalou que “asumo o traballo e a confianza depositada en min con moita responsabilidade, nesta organización todas as persoas aportamos o que podemos e deixamos tempo para mellorar Narón e Galiza. É un orgullo ser do BNG”

A asemblea aprobou por unanimidade a proposta, así como as diferentes campañas a
desenvolver nos vindeiros meses e a posta en marcha da campaña electoral para as
xerais onde en Narón aspiran a aumentar o número de votos “ficamos a moi poucos
votos de conseguir deputado e que Galiza estivera representada en Madrid. Agora non imos perder a oportunidade”.

Novo Consello Local

Un dos puntos a tratar na Asamblea foi a incorporación de novos membros ao Consello Local e a reestructuración do mesmo, cambiando algúns cargos, de tal
maneira que quedou  formado por 

Responsábel Local: Marta Grandal
Vicerresponsábel Local: Ánxel Rial
Tesoureiro: Marcos Sánchez
Vogais: Olaia Ledo,  Eugenio Carballeira, Lidia Romero, Xosé Fandiño, Karina Rosario,  Xiana González e Emilio Caxiao

Lea también

Concello de Narón e AGA Ferrolterra organizan charlas sobre a avespa asiática

A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Concello de Narón …