O Concello imparte dous obradoiros de autocoidados e xestión de emocións na Casa da Muller

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Muller e Igualdade, que dirixe Cristina Prados, vai impartir dous obradoiros de autocoidados e xestión de emocións na Casa da Muller durante os meses de outubro e novembro.

Están dirixidos ao colectivo de mulleres con especial vulnerabilidade e necesidades específicas como víctimas de violencia de xénero e as súas fillas, coidadoras de persoas dependentes, enfermas crónicas sen apoio familiar e mulleres maiores o en risco de exclusión social. Os obradoiros, que constan de catro módulos, ten como principal obxectivo “apoiar a estas mulleres e dotalas de ferramentas para mellorar a súa vida e a súa autonomía”, explican desde a concellería de Muller.

Entre outros asuntos, os obradoiros tratarán asuntos como os hábitos saudables e nutrición, a prevención de enfermidades crónicas, o manexo da medicación, o estrés, a culpabilidade, a recuperación da autoestima, recursos fronte á violencia de xénero, a xestión das emocións e a meditación.

O primeiro será en horario de mañá, de 10.30 a 12.30 horas os días 28 e 30 de outubro e 13 e 15 de novembro. O segundo, pola tarde, será de 17 a 19 horas os días 21 e 23 de outubro e 20 e 22 de novembro.

O prazo de inscrición será dende o 4 ao 15 de outubro e a lista definitiva publicarase na páxina web do Concello o día 18 de outubro.

Lea también

FeC denuncia o lamentable estado dos parques caninos

Ferrol en Común denuncia «o estado lamentable no que se atopan os parques caninos da …