Aberto o prazo para participar no Premio Solidario Cidade de Ferrol 2019

SOGAPS con el premio solidario y el resto de participantes – Concello de Ferrol

Xa está aberto o prazo para presentar as candidaturas ao Premio Solidario Cidade de Ferrol 2019. No día de onte, o Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou as bases do galardón que, un ano máis, quere premiar iniciativas e
proxectos desenvolvidos no ámbito da solidariedade, a cooperación e o voluntariado, tanto promovidos por entidades sociais como por persoas físicas.

Trátase dun recoñecemento, este ano a decimosegunda edición, dotado con 5.000 euros e o prazo de solicitude será de 30 días naturais a partir de hoxe. O pasado ano ou galardón foi a parar á Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, grazas ao seu proxecto Signa con nós. Foi a proposta mellor valorada entre as 18 presentadas.

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, deu conta a principios de agosto en comisión informativa das bases do premio, e aproveitou para explicar que se está estudando que, en próximas edicións, a cerimonia de entrega do premio se volva celebrar nos primeiros días de setembro, como viña sendo tradición, e non en decembro, mes elixido durante os últimos anos.

Dúas categorías a partir do ano que vén

A edila informou tamén de que se está analizando a posibilidade de ampliar o galardón. Así, a partir do ano que vén crearíase unha segunda categoría do Premio Solidario Cidade de Ferrol dedicada especialmente ao recoñecemento de proxectos de cooperación, mentres que a primeira quedaría para os de voluntariado e solidariedade. Martínez quixo recordar que dende o Concello “animamos” a participar nesta nova edición do Premio Solidario porque, “ademais de ser unha boa oportunidade para valorar e visibilizar o traballo realizado, o premiado recibe unha axuda para seguir promovendo proxectos neste ámbito”. A convocatoria pode consultarse na páxima web: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/10/03/2019_0000007843.pdf

Lea también

El alcalde de Ferrol mantiene una reunión con la presidenta de Dignidad, Lola Romero

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, se reunió en la mañana de este …