Adxudicada a reparación da cuberta da sede de Toxos e Froles

Edificio do Toxos e Froles | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol adxudicou hoxe as obras de reparación da cuberta da sede do Real Coro Toxos e Froles, un inmoble municipal que arrastra deficiencias dende hai tempo. A concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, explicou que o seu departamento, que é o responsable das obras en todas as instalacións propiedade do Concello, concedeulle un carácter “urxente” a esta actuación, que xa se contratara o pasado 7 de maio. O motivo de que se tivera que volver adxudicar agora foi que a empresa na que recaera o contrato renunciou.

Tras esta desistencia, a concellería, segundo explicou a súa responsable, púxose a traballar de inmediato para dar rápida resposta a un problema cuxa solución “é moi necesaria”, por canto a situación do tellado do edificio, localizado no número 220 da rúa Magdalena, pode provocar danos nos bens que a entidade custodia no seu interior (no terceiro andar atópase o museo).

Este novo contrato adxudicouse por 48.122,58 euros á empresa Prace Servicios y Obras, S.A. Contempla o cambio do revestimento da cuberta actual e o pintado das fachadas, “para os efectos de mellorar a estanquidade do edificio” e evitar no futuro filtracións de auga neste inmoble de singular valor. Tamén recolle que os traballos deberán “salvagardar os valores arquitectónicos do mesmo”.

Ana Lamas asegurou que esta actuación dará resposta “á maior brevidade posible” ás graves eivas que presenta tellado (tal e como vén reivindicando tamén desde hai tempo Toxos e Froles) e que é necesario atallar “canto antes” para previr contratempos maiores.

Lea también

El alcalde de Ferrol se reúne con el presidente de la AVV de Prioriño

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado del concejal de Servicios y Zona Rural, …