O Concello celebrará o 16 de outubro un Masterchef saudable entre mozos de Italia, Bulgaria, Turquía e España

O concello de Ferrol, a través da concellería de Xuventude, que dirixe Cristina Prados, vai celebrar o próximo 16 de outubro unha xornada de Masterchef saudable entre mozos de Italia, Bulgaria, Turquía e España de entre 18 e 25 anos usuarios do albergue de Portomarín (Lugo).

A xornada se inclúe no programa Erasmus +, unha iniciativa da UE para apoiar a educación, formación, xuventude e o deporte en Europa e que por vez primeira se celebra en Ferrol en colaboración con Xeración. Os 23 participantes dos catro países prepararán os pratos na cociña de Cáritas e ás 12 horas levarán as súas creacións culinarias ao mercado central de A Magdalena, onde haberá unha presentación e degustación aberta ao público.

Cristina Prados deu conta de este Masterchef na comisión de Benestar Social, Igualdade, Muller, Xuventude e Patrimonio Histórico celebrada esta mañá e asegurou que con esta iniciativa o Concello pretende “fomentar hábitos saudables e mellorar por tanto a calidade de vida dos cidadáns”. O proxecto, segundo a concelleira, busca, entre outras cousas, promover unha dieta sa en termos nutricionais e ambientais, crear un espacio de intercambio cultural e visibilizar as problemáticas alimentarias que sofren colectivos con menos oportunidades.

Declaración institucional contra a violencia de xénero

A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Cristina Prados, acaba de dar conta esta mañá en comisión informativa da proposta de declaración institucional con motivo da celebración, o próximo 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero para que o resto de grupos políticos da corporación podan presentar achegas. Sobre este asunto, durante as pasadas festas de Ferrol e no festival Festeiro unhas 720 persoas foron informadas de forma directa o indirecta achega do Punto Violeta e da labor da Asociación de Loita contra a Violencia de Xénero.

Lea también

El Concello de Ferrol finalizó el aglomerado del Camino del Castro

El Concello de Ferrol continúa ejecutando obras de reparación del firme tanto en el rural …