A programación cultural de outono en Ferrol inclúe 17 espectáculos infantís, teatro, ópera e soul

Antonio Golpe e Plamen Dipchikov na presentación da programación cultural | Concello de Ferrol

Esta mañá presentouse no pazo municipal parte da programación cultural do Concello para o que resta de outono. Trátase dunha vintena de espectáculos centrados, sobre todo, nos máis pequenos e as familias, que se unen ás sete actividades que o programa Apego, de Normalización Lingüística, ten previstas ata final de ano. Pero, ademais de para o infantil, no programa municipal hai tamén lugar para outros públicos, con teatro, ópera e soul.

O concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, anunciou en primeiro lugar o nutrido programa de actividades da cuarta edición do Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques Festea, que trae a Ferrol un total de 17 espectáculos infantís. Este ano, e como novidade respecto a edicións anteriores, as actuacións do festival non se centran unicamente no centro da cidade, sino que se estenden ao rural dando resposta así “a unha reclamación que os veciños levan tempo facendo”, detallou o concelleiro de Cultura. Con elo, dixo, “cumprimos coa aposta por levar aos barrios e ao rural parte da actividade cultural”.

Deste modo, os 17 espectáculos repartiranse as fins de semana entre o 19 de outubro e o 7 de decembro. Haberá 9 no centro Torrente Ballester, 3 no centro cívico de Caranza, 2 no Teatro Jofre, un no centro cívico de Canido, outro na asociación de veciños de Covas, uno na asociación de veciños de Pazos –o mesmo que uno do Torrente- e o último na asociación de veciños de Mandíá. Todas as actuacións serán de balde e as invitacións poderanse retirar no Jofre durante a semana previa a cada espectáculo, e o mesmo día da función, no lugar onde se vaia representar.

Os espectáculos no Torrente Ballester serán Arturo e Clementina, da compañía Titiritrán Teatro (19 de outubro, 19 horas), Historia de Aladino, da compañía Elfo Teatro (20 de outubro, 12.30 horas), Ninho, da compañía Partículas Elementares (27 de outubro, 12.30 horas), Joao Pateta, da compañía Historioscopio (9 de novembro, 12.30 horas), As, Os, @s, da compañía Yheppa Títeres (17 de novembro, as 12.30 horas), Voa Pluma, da compañía Periferia Teatro (24 de novembro, as 12.30 horas), Nube Nube, da compañía Periferia Teatro (24 de novembro, as 18.30 horas), No Xardín, da compañía Teatro Paraíso (7 de decembro, as 12.30 horas) e, por último, De Todo Corazón, da compañía Teatro Paraíso (7 de decembro, as 18 horas).

As actuacións no Centro Cívico de Caranza son Os sete cabritiños e os tres porquiños, da compañía Elfo Teatro (19 de outubro, ás 17 horas), O Nabo Xigante, da compañía Partículas Elementares (26 de outubro, ás 18 horas) e A Perla, da compañíaHistorioscopio Teatro (8 de novembro, ás 18 horas). Pola súa banda, o Teatro Jofre acollerá Pazzzzzzzzzz, da compañía La mar de marionetas (3 de novembro, ás 12.30 horas) e Historia dunha gaivota e do gato que lle ensinou a voar, da compañía Búho/Marabillas (30 de novembro, ás 18.30 horas).

No Centro Cívico de Canido se representará o espectáculo Raíces, da compañía Yheppa Títeres o 16 de novembro, ás 18 horas. O local da asociación de veciños de Santa Uxía de Mandiá contará coa actuación de Pekeno Kabaret de Tolos, da compañía Títeres Alakrán (20 de outubro, as 19 horas), a asociación veciñal de Santa Comba de Covas terá no seu local a actuación de Nanaluna, da compañía La mar de marionetas (2 de novembro, as 18 horas) e a asociación de veciños de Pazos ofrecerá no seu local a obra Joao Pateta, da compañía Historioscopio Teatro (9 de novembro, ás 19 horas).

Golpe explicou que Festea es unha cita “que funciona moi ben, ten mucho éxito”, e por tanto dende o Concello “seguimos apostando por elo”. Neste sentido, o edil anunciou que a concellería estudia celebrar un festival deste tipo durante o verán.

Golpe estivo acompañado polo responsable das actividades de Festea, Plamen Dipchikov, quen apuntou que este ano a cidade vai a recibir “o que lle gusta ao público de Ferrol”. Nesta cuarta edición “xa sabemos o que demandan os ferroláns, sobre todo espectáculos familiares”, e revelou que “o nivel artístico das actuacións dos próximos meses é moi alto”.

A adaptación teatral de “Fariña”

O teatro chegará o 8 e o 9 de novembro, con dúas funcións da adaptación á escea do libro de Nacho Carretero Fariña. Será no Auditorio de Caranza. Este espectáculo ten como protagonistas a Xosé Antonio Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Cris Iglesias e Sergio Zearreta, mentres que a dirección corre a cargo de Tito Asorey. Con este elenco de renome e tras o éxito tanto da obra de Carretero coma da adaptación á televisión, Fariña postúlase como o gran éxito da tempada teatral en Galicia. A Ferrol chega nas súas primeiras datas, pero despois xirará por toda a comunidade. Neste senso, o concelleiro de Cultura dixo que trátase dunha proposta “moi interesante” e lembrou que é a súa vontade “apostar tamén polo teatro e non solo pola música”. Dende as administracións públicas “non podemos privar aos veciños de actuacións teatrais”, comentou.

“La Traviatta”, no Jofre

A quenda da ópera, que se intercala na programación da Sociedad Filarmónica Ferrolana para o Jofre e o Auditorio, chegará o domingo 13 de novembro con La Traviatta, de Giuseppe Verdi, unha produción de Ópera 2001 que reunirá a 25 persoas sobre o escenario do teatro ferrolán. Os prezos van dos 20 aos 30 euros. O concelleiro explicou que dende o Concello “entendemos que é importante acercar a sensibilidade da ópera aos afeccionados o futuros afeccionados de Ferrol”.

Curtis Harding

O que quizais sexa o prato forte destes últimos meses do ano virá da man do soul. O músico norteamericano Curtis Harding actuará no Auditorio de Ferrol o 22 de novembro e o prezo das entradas será de 16 euros anticipadas e de 18 o día do concerto. Trátase dun dos activos máis prezados e prometedores do soul contemporáneo que este mes actuará tamén en lugares como a sala Joy Eslava de Madrid, o Loco Club de Valencia ou Teatro Victoria Eugenia de San Sebastián. “É un músico de gran aceptación a nivel internacional e logramos traelo a Ferrol”, dixo o concelleiro.

Lea también

Ola Ferrol.-Periodismo ferrolano, Museo Naval, Revista General de la Marina y homenaje a Cachita

Carlos Barcón, pintor, periodista vocacional. PERIODISMO FERROLANO Posiblemente sepamos que el periodismo está vinculado a la …